Libros


Versos a Compostela

Rosalía de Castro, escritor
2/5 (3 votos)

Poesía, Alvarellos Editora, 0

ISBN: 978-84–89323–20–9

Versos a Compostela reúne por vez primeira –e en edición bilingüe– os poemas en que a cidade de Santiago é o referente lírico e existencial de Rosalía de Castro (1837-1885).

Nestas páxinas imos atopar a Rosalía máis completa: intimista, moderna e turbadora.
Xunto aos versos, antigas fotografías dun Santiago contraditorio, de “sombras queridas” mais tamén de “sombras odiadas”.

A escritora e profesora Helena Villar Janeiro (presidenta da Fundación Rosalía de Castro) é a responsábel da edición literaria e tradución dos textos de Versos a Compostela, mentres que Xesús Rábade Paredes asina un clarificador estudo introdutorio.


O retrato inédito de Fenollera

Esta edición enriquécese, así mesmo, coa recuperación dun retrato inédito de Rosalía: o busto realizado arredor de 1904 polo pintor José María Fenollera. O orixinal está perdido e unha copia foi exposta por vez primeira en 1985 no escaparate do fotógrafo Guitián, na Rúa do Vilar, en Santiago de Compostela.

Este novo volume fai o número 8 da Colección Rescate de Alvarellos Editora e aparece publicado en co-edición co Consorcio de Santiago.

[fonte: presentación editorial]

Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |