
Narrativa, Edicións Xerais de Galicia, 2088
ISBN: 978-84-9782-690-7
Este título xa fora editado por Nigra en 1995
A doutora Eva García, destinada no remoto lugar de Viana das Veigas, atópase cun cadáver sen rostro e coas mans esmagadas. Xunto ao cadáver aparecen unha carta e un diario. Lendo o diario a doutora vai descubrir as claves de estraños comportamentos e estraños acontecementos que non só se refiren ás habitantes da vila, senón a ela mesma, ao seu marido e á súa filla desaparecida hai anos. Eva descobre con abraio que o cadáver resulta ser un antropólogo inglés chegado co pretexto de estudar unha antiga seita priscilianista. Vestio condúcenos de sorpresa en abraio polos labirintos máis inextricables da alma humana e das crenzas máis insospeitadas e terríbeiss. Nin das sombras nin dos homes (como con dor e espanto descobre a doutora) pode fiarse o lector. Unha novela de intriga, suspense, pánico e misterio. Unha narración claustrofóbica, labiríntica, aterradora.
[presentación editorial]