
Narrativa, Sen editorial, 1373
ISBN:
Tradución medieval de Fernán Martíns
Versión galega da obra de Benoit de Sainte-Maure, rematada en 1373 por Fernán Martíns por encarga de Fernán Pérez de Andrade o Bo. O tesouro da Materia de Troia na mellor prosa literaria galega da Idade Media. Impresa a primeira vez por Martínez Salazar no 1900, foi saudada con entusiasmo por Pondal. En 1985 Ramón Lorenzo publicou unha maxistral edición crítica (Fundación Barrié, A Coruña, 1985). Falta agora, talvez, unha edición para o gran público, con ortografía modernizada.