
Outros, Ideas Propias, 2008
ISBN: 9839-107-7
Na actualidade resulta esencial adquirir unhas nocións básicas de inglés para poder desenvolver unha carreira profesional, así como para viaxar. Para chegar a comprender a mensaxe de calquera texto escrito neste idioma, é necesario dominar a súa gramática.
Este material didáctico recolle o vocabulario fundamental e os verbos máis utilizados desta lingua co fin de que o lector poida desenvolverse no citado idioma.
[presentación editorial]