
Teatro, Edicións Xerais de Galicia, 2008
ISBN: 978-84-9782-746-1
Nun espazo pechado dous personaxes espidos descobren a súa violencia. Un pai e un fillo, sen poesía, sen adornos, coa dureza dunha realidade que non é tan allea ao país para o que se conta. Como a chuvia que cae todos os días, que algúns poetas cantan e que amola a meirande parte da xente. A pequena historia dun pai e dun fillo que forma parte dunha historia colectiva, en que a emigración é asunto central. Historia da chuvia que cae todos os días de Roberto Salgueiro obtivo o XVIº Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais 2007.
[presentación editorial]