Libros

A vida encaixa

Outros libros

Autores relacionados:


A vida encaixa

Eugène, escritor
5/5 (1 votos)

Narrativa, Edicións Xerais de Galicia, 2008

ISBN: 978-84-9782-792-8

Se os adultos respondesen a todos os interrogantes dos nenos, que sucedería?... Unha mañá o pai de Sachinka levanta o dedo maimiño para pedirlle un café á súa muller. A filla pregúntalle por que fixo ese xesto, e el non sabe contestar. Sachinka insiste, pois quere respostas sinxelas para as súas preguntas e non parará ata conseguilo. Dende a súa pregunta, suspendida no aire, Sachinka expresa o seu interese de comprender o mundo, o seu afán por aprender e buscar solucións ante a adversidade.

A vida encaixa, do escritor romanés Eugène, é unha novela xuvenil na que se abordan temas como a solidariedade, a sociedade de consumo, a curiosidade infantil, a inocencia, o espírito crítico e a análise e a procura da propia identidade.

[presentación editorial]


Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |