Libros


A Guerra Civil española na literatura infantil e xuvenil

0/5 (0 votos)

Ensaio, Edicións Xerais de Galicia, 2008

ISBN: 978-84-9782-885-7

NOVIDADES XERAIS

Os membros da “Red Temática de Investigación sobre Literatura Infantil y Juvenil del Marco Ibérico” (LIJMI), coa colaboración doutros investigadores convidados, reúnen neste volume, coordinado por Blanca-Ana Roi Rechou, Isabel Soto López e Pedro Lucas Domínguez, un conxunto de estudos, destinados fundamentalmente aos mediadores, que pretenden afondar no tema da Guerra Civil española e a súa presenza na narrativa infantil e xuvenil.

Tras dunha introdución teórica na que se analiza o impacto e a presenza da Guerra Civil nas manifestacións culturais e artísticas das últimas décadas e a abundante bibliografía crítica xerada arredor do tema, inclúense enfoques panorámicos que abordan o tratamento do tema nas literaturas castelá, catalá, galega, portuguesa, vasca, co engadido de dúas achegas que estudan a presenza da contenda española na produción en lingua alemá e inglesa.

O volume inclúe ademais unha selección de obras narrativas nas que se trata a Guerra Civil española, dazasete das cales son obxecto dun comentario pormenorizado, co fin de facilitarlles aos mediadores e mediadoras algunha claves de aproximación para o seu uso na educación literaria.


Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |