Libros

Tras do solpor

Outros libros

Autores relacionados:


Tras do solpor

Haruki Murakami, escritor
0/5 (0 votos)

Narrativa, Editorial Galaxia, 0

ISBN: 978-84-9865-111-9

En Toquio, no tempo que vai da medianoite ao mencer, inícianse e remátanse as historias desta novela. No seu centro, dúas irmás: Eri, ensumida no sono do esquecemento, e Mari, a lectora solitaria. Cabo delas, un mozo trombonista de jazz, as empregadas dun love hotel e un frío e escuro executivo. Xente da noite, vidas que conflúen, segredos descubertos e preguntas que ás veces non precisan resposta. Cada un dos capítulos de Tras do solpor posúe, concentrada, a mesma forza de atracción hipnótica que Haruki Murakami amosara anteriormente en Norwegian Wood ou Kafka na beira do mar.

Tras do solpor é a nova novela dun dos grandes escritores xaponeses contemporáneos, traducido ao galego por primeira vez.

[fonte: presentación editorial]


Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |