Libros



Outros libros

Autores relacionados:


A fada das lapas

5/5 (3 votos)

Narrativa, Editorial Galaxia, 0

ISBN: 978-84-9865-133-1

Nunha edición singular, con ilustracións de Zita Delaco, Editorial Galaxia publica esta narración transparente e misteriosa que é asemade unha metáfora do noso tempo ao falar da sedución, do amor, da ruptura da parella e da perda dos fillos.

Tras o éxito de Pucho, o habitador dos tellados, o seu primeiro libro de narrativa, o deseñador
Manuel Janeiro volve á procura dos lectores con A fada das lapas, á vez unha narración
transparente e misteriosa na que o autor, sen abandonar a súa preocupación pola linguaxe,
mesmo pola linguaxe poética, traza a historia dun ser sobrenatural, das súas relacións cun ser
humano e do fillo froito dese emparellamento.

En toda a obra latexa un impulso tráxico e mítico, por veces sagrado. Esta nova achega
de Janeiro é deses libros difíciles de deixar de ler unha vez comezados. O lector queda atrapado
na vitalidade da historia ata advertir que non está inmerso nunha aventura de resonancias
medievais e mitolóxicas, senón nunha metáfora do noso tempo que fala da sedución, do amor,
da ruptura da parella e da esnaquizadora perda dos fillos.

[fonte: presentación editorial]


Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |