Libros



Autores relacionados:


Do que estou a falar cando falo de correr

Haruki Murakami, escritor
2/5 (1 votos)

Narrativa, Editorial Galaxia, 2009

ISBN: 978-84-9865-166-9

En 1982, tras deixar o local de jazz que rexentaba e decidir dedicarse a escribir, Haruki Murakami tamén comezou a correr. Ao ano seguinte Murakami percorrería en solitario o traxecto que separa Atenas da vila da Maratón. Despois de participar en ducias de carreiras de longa distancia e en triatlóns, o novelista reflexiona neste libro sobre o que significa para el correr e como influíu na súa maneira de escribir.

Os adestramentos diarios, a súa paixón pola música, a conciencia do paso do tempo, os lugares aos que viaxa, acompáñano nun relato en que escribir e correr se converten nun xeito de vida.

[fonte: presentación editorial]


Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |