Libros

A perspectiva desde a porta

Outros libros

Autores relacionados:


A perspectiva desde a porta

Patricia Janeiro, escritora
3/5 (2 votos)

Segunda novela da escritora compostelá Patricia A. Janeiro logo de Caixa de mistos (Sotelo Blanco, 2005), A perspectiva desde a porta ve a luz en Edicións Positivas logo de quedar finalista en 2007 no Premio Xerais. A orixe da narración atópase na chamada Operación Castiñeiras, acción policial que en 2005 supuxo a detención de varios mozos vencellados ao independentismo “para soltalos seis días despois sen cargos, confiscarlles efectos persoais -móbiles, computadoras, cartos, chaves- que nunca lles foron devoltos e sen que ninguén lles dese ningún tipo de explicación".

Feitos coma estes levaron a autora a matinar en que sucedería se, “coma na novela, un día espertamos coa noticia de que ilegalizaron un partido ou un sindicato, ou unha asociación, ou pecharon un xornal”, e como pensou que “igual ese era o momento en que a xente empezaría a tomar partido e a falar abertamente destas cousas”.

[declaracións tiradas do acto de presentación do libro en Compostela, o 28 de abril de 2009]

Imprimir


Sen comentarios


Novo comentario

Debes cubrir todos os campos do formulario, aínda que correo-e non se vai publicar.

Captcha

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |