Praza das letras

Iniciativas de internacionalización para as nosas letras

Letras de Galicia, Galician Books e Letras da Galiza, son webs creadas especialmente para promover a proxección internacional do mercado do libro galego e ampliar o coñecemento e a presenza da literatura de Galicia en todo o mundo.

Trátase, por tanto, de espazos pensados para as necesidades e intereses dun público internacional especializado que queira afondar na nosa literatura e coñecer as accións de promoción exterior relacionadas con esta. Cada unha das tres versións diríxese a espazos lingüísticos diferenciados. Letras de Galicia en español, Letras de Galiza, para o mundo lusófono, e Galician Books orientado ao resto dos mercados.
Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural
Aviso Legal | Accesibilidade | Sindicación RSS| Contacto |